O meu nome é Sito Guimeráns e coñecín a Xaquín Miguez "Xocas" a través do mundo da gaita e a miña curiosidade polo facer das palletas foime achegando ate unha persoa noble, que me amosou todo o seu saber desta arte.

Todo o meu empeño vai dirixido o bo facer das palletas para que os nosos gaiteiros dispoñan dun material de calidade, feito con agarimo para ensalzar un pouco mais, se cadra, a nosa propia cultura.

A dia de hoxe, Xocas é ademais do meu maestro, un gran amigo.